Manual lexislativo do ensino non universitario galego. Venancio Graña, 4ª edición

21.- Persoal non docente

OBSERVACIÓN: No presente Capítulo recóllese só a lexislación publicada a partir do 23 de decembro de 2011. Para ver a lexislación anterior a dita data, ir a páxina 791 do “Manual Lexislativo do Ensino non Universitario Galego” (4ª edición).

1. Lexislación básica

  • DECRETO 3143/1971, de 16 de decembro, da Presidencia do Goberno, polo que se aproba o Regulamento do Corpo Xeral Subalterno da Administración Civil do Estado (BOE, 29/12/71). De aplicación con carácter subsidiario para o persoal subalterno.
  • RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. (DOG, 03/11/08).
  • RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lle dá publicidade ao acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais sobre a xornada de traballo do persoal subalterno e sobre as retribucións do persoal subalterno e auxiliar administrativo que presta servizos nos centros educativos dependentes da Consellería de Educación e O. Universitaria. (DOG, 06/02/09).
  • LEI 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. (DOG, 04/05/15).
  • ORDE do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG,30/06/11).
  • WEB DE NORMATIVA XERAL en materia de personal da Xunta de Galicia.

2. Acreditación dixital

  • ORDE do 15 de xullo de 2019 pola que se regula a acreditación dixital do persoal funcionario de carreira que preste servizos nos centros docentes dependentes desta consellería no sistema educativo público galego. (DOG, 31/07/19).

3. Vacacións, permisos e licenzas

  • RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas. (DOG, 20/03/13).
  • RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a Xunta de Galicia e as organización sindicais CIG e CC.OO., relativo á aplicación ao persoal do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia do réxime de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario. (DOG, 19/07/13).

  • RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica o acordo de transposición en materia de permiso por asuntos particulares e vacacións por antigüidade establecidos no Real decreto lei 10/2015, do 11 de setembro. (DOG, 19/10/15).
  • RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas. (DOG, 04/03/16). (De aplicación ao persoal laboral suxeito ao V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia).
  • RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 24 de febreiro de 2016 pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas. (DOG, 13/02/817).
  • INSTRUCIÓNS da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a comunicación da incapacidade temporal do persoal non docente e docente non universitario que presta servizos en centros públicos docentes dependentes desta consellería.

4. Sentenzas sobre o horario dos auxiliares administrativos e auxiliares coidadores

  • SENTENZA 662/2012 do TSX de Galicia, do 25 de abril, pola que se estima parcialmente o recurso de apelación en relación ao horario imposto a unha persoa auxiliar administrativo.
  • SENTENZA Nº 521/14 do 21 de outubro de 2014 do Xultado do Social nº 4 de Ourense sobre a obrigación dunha persoa auxiliar coidadora de acompañar aos menores a un comedor escolar xestionado pola AMPA nun centro público.

5. Provisión de postos de traballo

  • DECRETO 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. (DOG, 29/01/07).
  • ORDE do 2 de abril de 2013 pola que se abre o prazo posesorio das prazas adxudicadas na Orde do 28 de febreiro de 2013 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV da Administración da Xunta de Galicia. (DOG, 11/04/13).
  • RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de maio de 2016 polo que se aproba a relación de postos de traballo do persoal funcionario dos centros educativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 11/05/16).

6. Vixilancia periódica da saúde

  • RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2013 pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal non docente destinado en centros educativos non universitarios dependentes desta consellería. (DOG, 28/06/13).
  • INSTRUCIÓN conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e a Secretaría Xeral Técnica relativa á necsaria colaboración dos centros educativos para a inscrición do persoal non docente neles destinados que careza de conta de correo corporativo EDU nos recoñecementos médicos correspondentes á vindeira campaña de vixilancia da saúde dos traballadores docentes e non docentes.
  • RESOLUCIÓN da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se autoriza a difusión de campaña de vixilancia periódica de saúde para o persoal docente e non docente, destinado en centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • INSTRUCIÓN conxunta da D.X. de Centros e RR.HH. E a Secretaría Xeral Técnica relativa á necesaria colaboración dos centros educativos para a inscrición do persoal non docente neles destinados que careza de conta de correo corporativo EDU nos recoñecementos médicos correspondentes á vindeira campaña de vixilancia da saúde dos traballadores docentes e non docentes.
  • INSTRUCIÓN conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e a
    Secretaría Xeral Técnica relativa á necesaria colaboración dos centros educativos para a inscrición do persoal non docente neles destinados que careza de conta de correo corporativo EDU nos recoñecementos médicos correspondentes á vindeira campaña de vixilancia da saúde dos trabailadores docentes e non docentes.
  • CAMPAÑA de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2017/2018. Ligazón
  • CAMPAÑA de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2018/2019.

7. Acceso á xubilación parcial

  • RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a Xunta de Galicia e as organización sindicais CIG, UGT, CC.OO. e CSIF, relativo ao acceso á xubilación parcial e contrato de remuda do persoal laboral do convenio colectivo único da Xunta de Galicia. (DOG, 30/04/13).
  • RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia das instrucións necesarias para unha correcta aplicación do Acordo para o acceso á xubilación parcial e o contrato de remuda do persoal laboral do Convenio colectivo único da Xunta de Galicia. (DOG, 19/07/13).

8. Recoñecemento do tempo do servizo militar

  • RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da Dirección Xeral da Función Pública e das organizacións sindicais CIG, CC.OO., CSIF e UGT, para o recoñecemento do tempo do servizo militar para o cómputo dos trienios do persoal laboral do V convenio colectivo da Xunta de Galicia. (DOG, 22/11/16).

9. Declaración responsable e autorización de acceso ao Rexistro Central de delincuentes sexuais

10. Funcións dos conserxes 

11. Contido, uso e acceso ao expediente do persoal docente funcionario e laboral

  • ORDE do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, (DOG, 15/06/2021).

12. Para máis información

  • VÉXASE tamén o Capítulo XIII desta web referido á Función Pública.