Manual lexislativo do ensino non universitario galego. Venancio Graña, 4ª edición

18.- Organización das actividades docentes

OBSERVACIÓN: No presente Capítulo recóllese só a lexislación publicada a partir do 23 de decembro de 2011. Para ver a lexislación anterior a dita data, ir a páxina 657 do “Manual Lexislativo do Ensino non Universitario Galego” (4ª edición).

 

I. LEXISLACIÓN BÁSICA

1. Regulamentos orgánicos

1.1. Centros de Educación Infantil e Primaria
  • DECRETO 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o ROC dos centros de educación infantil e de educación primaria. (DOG, 21/10/96). Corrección de erros (DOG, 06/11/96), (DOG, 08/01/97) e (DOG, 26/02/97). Modificado polo Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG, 26/01/99) e  polo Decreto 29/2007, do 8 de marzo (DOG, 12/03/07).  Véxase o texto refundido na páxina 662 do Manual Lexislativo. 
  • ORDE do 22 de xullo de 1997, pola que se desenvolve o ROC dos centros de educación infantil e de educación primaria. (DOG, 02/09/97). Modificada pola Orde do 7 de abril de 2008 (DOG, 23/04/08) e pola Orde do 28 de xuño de 2010, (DOG, 06/07/10). Véxase o texto refundido na páxina 674 do Manual Lexislativo.
  • ORDE do 28 de xuño de 2010 pola que se modifica parcialmente a Orde do do 22 de xullo de 1997 citada anteriormente.
1.2. Centros de Educación Secundaria
  • DECRETO 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. (DOG, 09/08/96). Corrección de erros, (DOG, 30/08/96)  e modificado polos  decretos 120/1998 e  7/1999 e 29/2007, do 8 de marzo. Véxase texto refundido na páxina 690 do Manual Lexislativo.
  • ORDE do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/19 96 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento. (DOG, 02/09/97). Modificada pola Orde do 28 de xuño de 2010, (DOG, 06/07/10) e pola Orde 7 de abril de 2008, (DOG, 23/04/08).. Véxase texto refundido na páxina 705 do Manual Lexislativo.
  • ORDE do 28 de xuño de 2010 pola que se modifica parcialmente a orde do 1 de agosto de 1997, (DOG, 06/07/10).
1.3. Centros Públicos Integrados
  • DECRETO 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o ROC dos centros integrados. (DOG, 26/01/99). Modificado polo Decreto 29/2007, do 8 de marzo (DOG, 12/03/07). Véxase texto refundido na páxina 716 do Manual Lexislativo.
  • ORDE do 3 de outubro de 2000 pola que se desenvolve o ROC dos centros públicos integrados. (DOG, 02/11/00). Modificada pola Orde do 7 de abril de 2008 (DOG, 23/04/08)pola Orde do 28 de xuño de 2010, (DOG, 06/07/10). Véxase texto refundido na páxina 736 do Manual Lexislativo.
  • ORDE do 28 de xuño de 2010 pola que se modifica parcialmente a Orde do 3 de outubro de 2000, citada anteriormente.
1.4. Centros Integrados de Formación Profesional
  • DECRETO 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 10/05/11).
  • ORDE do 29 de xullo de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 08/08/11). Corrección de erros, (DOG, 12/08/11).
1.5. Regulamentos de Ensinanzas de Réxime Especial
1.5.1. Escolas Oficiais de Idiomas
  • DECRETO 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 19/11/10).
  • ORDE do 5 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial. (DOG, 18/08/11).
1.5.2. Conservatorios de Música e Danza
  • DECRETO 223/2010, do 30 de decembro, polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 19/01/11).
  • ORDE do 4 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 223/2010, do 30 de decembro, polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 18/08/11).
1.5.3. Escolas de Arte e Superiores de Deseño
  • DECRETO 61/2011, do 24 de marzo, polo que se establece o regulamento orgánico das escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 06/04/11).
  • ORDE do 8 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 61/2011, do 24 de marzo, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 18/08/11).

2. Calendario escolar e laboral

2.1. Calendario escolar
2.1.1. Curso 2019-2020
  • ORDE do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 28/06/19).
  • Para cursos anteriores, véxase Lexislación Complementaria neste Capítulo.
2.2. Calendario laboral
2.2.1. Ano 2018
2.2.2. Ano 2019
2.2.3. Ano 2020

3. Departamentos didácticos

  • SENTENZA do Xulgado Contencioso Administrativo núm. 2 de Lugo sobre a proposta do Departamento de cara á designación da xefatura do Departamento Didáctico de Lingua e Literatura Galega.

4. Agrupamentos de unidades de infantil e primaria

  • ACORDO entre a Consellaría e as organizacións sindicais sobre os agrupamentos do alumnado de educación infantil e primaria para os efectos de constitución de unidades. Este acordo non é de aplicación pola decisión unilateral da Consellaría.

5. Recomendacións sobre a saídas dos alumnos

  • INFORME da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia relativo a quen lle corresponde a garda e custodia do alumnado nas saídas do centro escolar cando algún pai ou nai se atrasan na súa recollida.
  • INSTRUCIÓN CONXUNTA 9/2017 da Secretaría Xeral Técnica e da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendacións sobre a saída dos alumnos escolarizados nos centros educativos públicos da Comunidade Autónoma Galega ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar.

6. Organización da biblioteca escolar

7. Servizos mínimos

  • REAL DECRETO 303/2010, do 15 de marzo, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas reguladas na lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. (BOE, 09/04/10).
  • REAL DECRETO 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria. (BOE, 12/03/10).

 

I. LEXISLACIÓN COMPLEMENTARIA

 

2. Calendario escolar e laboral

2.1. Calendario escolar

2.1.1. Curso 2012-2013

  • ORDE do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG, 22/06/12). Ligazón

2.1.2. Curso 2013-2014

  • ORDE do 24 de maio de 2013 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2013/2014, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 06/06/13). Ligazón

2.1.3. Curso 2014-2015

  • ORDE do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/15 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 26/06/14). Ligazón

2.1.4. Curso 2015-2016

  • ORDE do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 17/06/15). Ligazón. CORRECCIÓN de erros. (DOG, 22/06/15). Ligazón

2.1.5. Curso 2016-2017

  • ORDE do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 15/06/16). Ligazón

2.1.6. Curso 2017-2018

  • ORDE do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 22/06/17). Ligazón

2.1.7. Curso 2018-2019

  • ORDE do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 08/06/18).