Manual lexislativo do ensino non universitario galego. Venancio Graña, 4ª edición

14.- Inspección educativa

OBSERVACIÓN: No presente Capítulo recóllese só a lexislación publicada a partir do 23 de decembro de 2011. Para ver a lexislación anterior a dita data, ir a páxina 503 do “Manual Lexislativo do Ensino non Universitario Galego” (4ª edición).

1. Procedementos selectivos

1.1. Convocatorias
  • ORDE do 23 de marzo de 2013 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 04/04/13).
  • ORDE do 11 de marzo de 2015 pola que se convocan os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 18/03/15). Corrección de erros, (DOG, 19/05/15).
1.2. Listas de admitidos e excluídos
  • RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de admitidos e excluídos dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres, e do procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 18/05/15).
1.3. Nomeamento de funcionarios de carreira
  • ORDE ECD/1484/2014, do 21 de xullo, pola que, por proposta da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, se nomean funcionarios de carreira do Corpo de Inspectores de Educación, aos seleccionados nos procedementos selectivos convocados por Orde do 23 de marzo de 2013. (BOE, 07/08/14). L
  • ORDE do 29 de xullo de 2015 pola que se nomean funcionarios en prácticas os opositores que superaron o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 21/08/15).
  • ORDE ECD/1327/2016, do 18 de xullo, pola que, a proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, se nomean funcionarios de carreira do Corpo de Inspectores de Educación os seleccionados no procedemento selectivo convocado por Orde de 11 de marzo de 2015. (BOE, 03/08/16).
  • ORDE ECD/1091/2017, do 30 de outubro, pola que, a proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Comunidade Autónoma de Galicia, se nomean funcionarios de carreira do Corpo de Inspectores de Educación, aos seleccionados no procedemento selectivo convocado por Orde do 4 de abril de 2016. (BOE, 13/11/17).

2. Concursos de traslados

  • RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos
    Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva do concurso de traslados
    entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores
    de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas,
    artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres
    de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da
    Admiministración educativa e inspectores de educación, convocado pola Orde
    do 16 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro). (DOG, 14/04/14).
  • ORDE ECD/1800/2014, do 26 de setembro, pola que se establecen as normas procedimentales aplicables aos concursos de traslados de ámbito estatal, que deben convocarse durante o curso 2014/2015, para persoal funcionario dos Corpos docentes contemplados na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, modificada pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. (BOE, 04/10/14).
  • ORDE do 30 de outubro de 2014 pola que se convoca concurso de traslados de ámbito estatal entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación. (DOG, 05/11/14).

3 . Plans xerais de actuación

  • RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se publica o Plan Xeral de Actuación da Inspección Educativa para o curso 2011-2012. (DOG, 13/12/11).
  • RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se publica o Plan xeral da inspección educativa do curso 2013/14. (DOG, 09/01/14).