Esta web é un complemento do libro Manual Lexislativo do Ensino non Universitario Galego
(4ª edición) e nela recóllense as disposicións lexislativas que foron emitidas despois da publicación do devandito libro (23 de decembro de 2011).
Así pois, co Manual e a consulta desta web, os usuarios dispoñen das dúas ferramentas necesarias para acceder de xeito actualizado, amplo, rápido e eficaz á lexislación educativa do ensino non universitario galego nos aspectos que en cada caso interesen.
A web, igual que o Manual, componse de 29 capítulos estruturados de modo semellante ao propio libro, aos que se pode acceder sinxelamente desde a barra de opcións superior, co que se facilita a interacción entre ambas ferramentas.
Mostra dun capítulo do Manual
Para facerse cunha idea aproximada da obra xúntanse, a modo de exemplo, a presentación do capítulo de profesorado: [Enlace (formato PDF)].
Para contactar co autor
Enderezo postal
Venancio Graña Martínez
R/ Mª Victoria Fdez. España, 1 – 5º Dta.
15002 – A CORUÑA
Teléfonos
- 679 182 293
- 981 211 894
Enderezos electrónicos
- Correo: vegrama@mundo-r.com
- Web: lexislacioneducativa.wordpress.com